miércoles, 13 de mayo de 2009

**Día de las letras Galegas**

Este ano a o autor que se lle dedica o premiol do día das letras Galegas e Ramón Piñeiro López.
Este escritor naceu o 31 de Xullo de 1915 en Armeá - Láncara (Lugo) e morreu en Agosto de 1990. Este escritor era un filosofo pero tamen un politico.
CURRÍCULUM:
Estuda o bacharelato en Lugo e despois regresa a Armeá, onde permanece ata 1930.En 1932 regresa a Lugo e se relaciona con xoves galeguistas lucenses. En 1933 asiste ás Asembleas do Partido Galleguista, celebradas en Santiago e coñece a Castelao, Alexandre Bóveda e outros.
En 1943 participa clandestinamente na reorganización do galeguismo e viaxa a París, onde permanece exiliado o goberno republicano. Ó volver de París é detido en Madrid e condenado a 6 anos de cárcere. En 1950 fundou en Santiago a editorial Galaxia da que Ramón Piñeiro sería o director. En 1967 ingresa na Real Academia Gallega co importante discurso "A lingoaxe i as lingoas". En 1983 convértese no primeiro Presidente da Cultura Galega.





OBRAS REALIZADAS:
Nos anos 50 publica varios ensaios, como "Significado metafísico da Saudade" (1951), "A saudade en Rosalía" (1952).En 1984, estas obras foron integradas con "A Filosofía e o Home" e "Saudade e Sociedade" nun volume baixo o título "A Filosofía da Saudade". En 1951 traduce ó galego con Celestino Fernández de la Vega, o "Cancioneiro da Poesía Céltica" de Julius Pokorny. En 1956 publican en Galaxia a conferencia "Von Wessen der Wahrkeit" de Martin Heidegger baixo o título galego "Da esencia da verdade".

No hay comentarios: